XornalGalicia, noticias falsas: a orixe
Dende ai un tempo, un tal Miguel Angel Delgado González, utilizando diversos perfiles nas
redes sociais e en internet, dedicase a verter inxurias, facer denuncias falsas, acusacións
inventadas, inverosímiles, e a manipular e terxiversar datos e informacións relacionadas,
cos letrados da Xunta de Galicia, conmigo e co meu entorno profesional, evidenciando un
deprecio absoluto a verdade. Fai tempo que, como consecuencia das resolucións xudiciais
que se van producindo en relación coas actuacións de Miguel Angel Delgado González,
este señor dedícase a publicar a través do seu blog e a enviar e-mails masivos a órganos,
unidades administrativas e persoas da Xunta de Galicia vertendo acusacións e información
falsas cun evidente ánimo de facer dano a persoas e a institución e orixinar confusión e
desconfianza.
A orixe do comportamento singular dese individuo queda reflectida perfectamente na
STSXG 4444/2012 de 2 de outubro do 2014 (recurso ordinario defendido por letrados da
Xunta) na que con gran desfachatez reclamou á Xunta de Galicia ( Consellería do Mar)
unha importante cantidade de cartos ( 35.000 €), por servizos que non se prestaran,
petición que foi desestimada con condena en costas e que orixinou que arremetera, antes
que contra min, contra outros letrados, que foron sucesivamente secretarios xerais
técnicos da Consellería citada, ( López Sieiro, Vidal Pardo, García Magariños, Concheiro
Segade) e incluso contra o entón Director Xeral da Asesoría Xuridica, Manuel Pillado.
Xa dende o ano 2017 dedícase a divulgar noticias falsas e a presentar denuncias contra
min e contra outros altos cargos e funcionarios da Xunta, de forma obsesiva e sen ningún
tipo de rigor, coa idea de desprestixio e de acadar accesos ao seu blog, intentando ao
tempo acadar indemnizacións con denuncias increíbles e sen base legal algunha.
Pola miña parte teño presentadas dúas querelas criminais. Na primeira, o Xulgado do
penal nº 2 de Santiago de Compostela en ST nº 307/2021 de 20 de decembro do 2021 ,
condenou a Miguel Angel Delgado González (web: XornalGalicia) e a asociación
“plasedesemapesga” como responsable en concepto de autor dun delito continuado de
inxurias con publicidade dos arts. 208, 209, 211 e 74.1 e 3 do C.P., á pena de 12 meses de
multa e a eliminar os artigos publicados no Xornal Galicia referidos a D. Rafael Álvaro
Millán Calenti e en calquera diario dixital ou páxina web que xestione ou do que sexa
responsable, individualmente ou a través dunha asociación ou plataforma, obrigándoo
tamén a que, unha vez sexa firme publique a sentencia, e a indemnizar a D. Rafael Álvaro
Millán Calenti con responsabilidade civil subsidiaria da Plataforma do sector marítimo
Pesqueiro de Galicia (Pladesemapesga), na cantidade de 3.000 € e ao pago de 1/3 de las
costas procesuais.
A intención do Sr. Delgado González, demostrada no proceso, de danar a consideración
pública ante terceiros do Sr. Millán Calenti e de lesionar o seu dereito ao honor fai, di a
sentenza, que prevaleza este fronte ao dereito á información do acusado por non superar
as condiciones o test da veracidade, necesidade e proporcionalidade. Non considera a
sentenza, en cambio, que coa publicación dos artigos se incorrese noutros delitos, que se
lle imputaban, circunstancia coa que xa manifestou a súa desconformidade a miña
defensa presentando recurso de apelación.
O Xulgado do Penal nº 1 de Santiago, en sentenza 276/2021, do 12 de novembro, tamén
condenou a Miguel Ángel Delgado e ao XornalGalicia por delito de inxurias graves e
calumnias contra a secretaria de Medios de Comunicación da Xunta de Galicia.
A segunda querela esta en tramitación no xulgado de instrución nº 3 de Santiago de
Compostela ( presentada o 11/03/2021).
Tamén Google decidiu o 10 de febreiro do 2022, a vista das resolucións xudiciais, retirar
as URLs dos resultados de búsquea para as consultas relacionadas co meu nome. Bing
fixo o mesmo o 15 de febreiro do 2022), o que motivou o envío de mails masivos por parte
dese individuo a través de diversas contas baixo seu control, entre elas
prensa@xornalgalicia.com a persoas e organos administrativos cheos de inxurias e
calumnias intentando implicar as unidades, centros e entes instrumentais nos que realizo
meu cometido profesional, coa clara intención de facer dano, e ao parecer de conseguir
accesos a súa web a través dos “links” que poñe como cebo.
Esta actitude, reincidente e propia dunha patoloxía querulante aconselloume de acordo
cos avogados, a continuar a miña defensa pola via xudicial e apresentar este escrito ante a
Xunta de Galicia ao que uno documentos acreditativos, a efectos de constancia. Todo elo
sen prexuízo da adopción de outras medidas que se consideren adecuadas.